Posto en marcha en Monforte un programa pioneiro en prevención da dependencia |
Este proxecto forma parte dun programa pioneiro de prevención da dependencia posto en marcha grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Obra Social “la caixa” e a Vicepresidencia.
|
Viernes, 30 de noviembre de 2007 |
A secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago; a delegada provincial da Vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez; e a directora de “la Caixa” en Monforte presentaron onte na Residencia de Maiores desta localidade a Aula de Prevención da Dependencia. Trátase dun programa pioneiro que se está a levar a cabo a través dun convenio asinado entre a Vicepresidencia e a Obra Social “la Caixa”, co que se pretende a promoción da autonomía das persoas maiores que se atopan nunca fase de dependencia inicial e que poidan verse necesitadas de axuda para realizar algunha actividade da vida diaria. Nesta aula de prevención, mediante a realización de obradoiros, trátase de previr e retrasar as perdas provocadas polo envellecemento, contribuíndo a manter e estimular as capacidades de actividade da vida cotián e contribuíndo a manter a rede de relacións persoais. Ademais, búscase que estas actividades sirvan de apoio ás familias.
En Galiza, o programa desenvólvese xa en nove centros de maiores da Xunta (ademais de Monforte, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Vigo (2) , Carballo e O Porriño) e a partir de xaneiro ampliarase tamén a tres centros máis en Santiago, Cangas e Ferrol. O obxectivo é que funcione en todos os centros de maiores dependentes da Vicepresidencia.
O programa, do que se beneficiarán en total arredor de 93.000 persoas maiores, prevé o desenvolvemento nestes centros dun total de 96 obradoiros anuais. Os obradoiros de prevención da dependencia son impartidos por dinamizadores e inclúen tamén un servizo de transporte adaptado, totalmente gratuíto para os usuarios, que garante o dobre desprazamento desde o seu domicilio ata o fogar do maior.
O número de persoas maiores de máis de 65 anos medrou de xeito exponencial en España ata acadar os 7 millóns de persoas, das cales máis de 587.000 viven en Galiza. Segundo diferentes estimacións, arredor de un millón de persoas maiores de toda España están consideradas como fráxiles, é dicir, que precisan previr posibles situacións de dependencia no futuro.
Este colectivo é o que ten o maior risco de sufrir unha dependencia funcional en poucos anos. Para eles, a Obra Social “la Caixa” deseñou un programa pioneiro cunha serie de obradoiros específicos orientados a frear os problemas de mobilidade incipientes, potenciar a súa autonomía e fomentar as súas capacidades. Este programa de prevención da dependencia implantouse xa en 14 comunidades autónomas grazas aos convenios asinados por “la Caixa” coas diferentes administracións públicas e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro do ano 2010, cun investimento global de 31 millóns de euros.
O programa de Prevención de la Dependencia ponse en marcha en Galiza co obxectivo de optimizar as capacidades das persoas maiores fráxiles mediante a estimulación integral das áreas cognitiva, sensorial e motriz. Para iso o proxecto establece catro liñas de actuación prioritarias: